InicioOccidentalViveiroViveiro acollerá a conferencia "Endometriose, a empidemia oculta" para o día 30...

Viveiro acollerá a conferencia “Endometriose, a empidemia oculta” para o día 30 de xuño

A charla organízase xunto coa asociación ‘Querendo. Mulleres con endometriose’, unha entidade de ámbito galego que persegue contribuír á axuda física, psicolóxica e educativa de todas as mulleres afectadas de endometriose e as súas familias.

Publicada o

- Advertisement -

O Centro de Información ás Mulleres e a Delegación de Muller do Concello de Viveiro informan da celebración da charla ‘Endometriose, a epidemia oculta’ o próximo día 30 de xuño.

A charla organízase xunto coa asociación ‘Querendo. Mulleres con endometriose’, unha entidade de ámbito galego que persegue contribuír á axuda física, psicolóxica e educativa de todas as mulleres afectadas de endometriose e as súas familias.

Esta asociación procura desenvolver as actividades sociosanitarias necesarias para dar a coñecer a doenza, contribuíndo así a un diagnóstico precoz e evitar, na medida do posible, o deterioro da súa calidade de vida.

A charla, para mulleres de toda a comarca, será ás 20:00 horas no salón de usos múltiples do Concello de Viveiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...