InicioEconomíaA CIG rexeita o peche de Albo en Celeiro: "É outro duro...

A CIG rexeita o peche de Albo en Celeiro: “É outro duro golpe para a comarca”

O sindicato alerta de que a comarca "segue desangrándose", polo que empraza á Xunta a traballar en defensa do tecido produtivo da Mariña con medidas que "revertan o deserto industrial" da zona.

Publicada o

- Advertisement -

A CIG mostrou o seu rexeitamento ao peche da planta da conserveira Albo en Celeiro, municipio de Viveiro, de modo que reclama manter a actividade e o emprego, pois considera “inasumible” o traslado á nova fábrica da compañía en Salvaterra de Miño.

Nun comunicado, apunta que a compañía Xangai Kaichuang, dona de Albo, formulou o peche da planta en Celeiro e a destrución de 45 postos de traballo directos –34 mulleres e 11 homes–, así como outros 10 empregos por ETT durante as campañas. “Esta medida empresarial poñerá fin a máis de 40 anos de historia da fábrica de Albo en Celeiro e supón o cesamento da última conserveira que quedaba en activo na comarca”, lamenta.

Expón que a empresa entregará este mércores, 15 de xuño, a documentación completa sobre o expediente á representación social, pero a mobilidade xeográfica proposta pola empresa “constitúe outro duro golpe para a economía da comarca”. O responsable da CIG da Mariña, Xorxe Caldeiro, avisa de que falar de mobilidade a máis de tres horas e media de Celeiro é “un eufemismo”, posto que se trata dun “proceso tremendamente traumático no que se pecha a planta de Celeiro e se deixa na rúa o seu persoal”.

E é que avisa de que máis do 80% do persoal está integrado por traballadoras cunha idade media que supera os 50 anos, con forte arraigamento e vínculos familiares na Mariña. Susana Riveira, da executiva local da CIG, advirte de que se deixa “fóra” do mercado laboral a traballadoras cunha idade que dificulta a súa recolocación noutros sectores.

A CIG apunta que a propia compañía propietaria indica que a fábrica ten carga de traballo suficiente para ocupar a todo o persoal e “economicamente é viable”. “Temos o bonito, temos a pescada, pero non temos conserveira”, apunta Caldeiro sobre unha planta na Mariña á beira dos portos de Celeiro e Burela.

Así, o sindicato alerta de que a comarca “segue desangrándose”, polo que empraza á Xunta a traballar en defensa do tecido produtivo da Mariña con medidas que “revertan o deserto industrial” da zona.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...