Viveiro acolle os exames oficiais de Cambridge Assessment English para acreditar os coñecementos de inglés

As probas están realizadas por un centro examinador autorizado para a súa realización, cuxo equipo de examinadores oficiais vela por un correcto desenvolvemento das mesmas.


O Concello de Viveiro facilita hoxe o uso de diversas instalacións municipais para acoller, por segundo ano no municipio, os exames oficiais de “Cambridge Assessment English” que realiza a Universidade de Cambridge para acreditar o nivel de coñecemento de lingua inglesa para nenos e nenas en idade escolar.

As probas teñen lugar na sala multiusos da casa do concello e en tres aulas do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro. O exame reúne a 77 aspirantes de primaria e secundaria, para ser examinados de tres niveis diferentes: Movers, Flyers e B1, correspondentes aos grados A1, A2 e B1 do Marco Común Europeo de Referencia da Lingua.

As probas están realizadas por un centro examinador autorizado para a súa realización, cuxo equipo de examinadores oficiais vela por un correcto desenvolvemento das mesmas.

Clara Martínez, responsable da academia English Time, centro preparador oficial de Cambrigde, destaca a importancia da realización destas probas en Viveiro, facilitando o acceso ás familias ás mesmas. Segundo afirma, “é moi positivo que o concello ofreza por segundo ano consecutivo a posibilidade de realizar aquí estes exames, agardando que o noso municipio poida consolidarse como lugar de referencia para a celebración de vindeiras edicións”.

Dende o Concello de Viveiro valórase moi positivamente que os exames de “Cambridge Assessment English” poidan celebrarse por segunda vez en Viveiro, evitando que os alumnos se teñan que desprazar, polo se prestou a colaboración necesaria coa organización facilitando o uso das catro salas nas que se celebrarán os exames.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here