InicioOccidentalViveiroO PP de Viveiro pide a apertura do acceso á praia de...

O PP de Viveiro pide a apertura do acceso á praia de Sacido que leva cinco anos sen abrir

Os populares esixen ao goberno local que, de inmediato, adopte as medidas precisas para abrir o citado acceso.

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Viveiro sinala que o Concello leva anos sen facer xestión práctica algunha para reabrir o acceso á praia de Sacido, pasividade só entendible, ·no marco da total ineficacia na xestión xa amplamente demostrada da alcaldesa, María Loureiro (PSOE), e o seu equipo”. Os populares esixen ao goberno local que, de inmediato, adopte as medidas precisas para abrir o citado acceso.

O peche de Sacido é para o PP viveirense unha mostra de “desidia do goberno municipal, pero dende xuño do 2020 xa non hai dúbida algunha porque a propia alcaldesa, María Loureiro (PSOE), recoñeceu no pleno que tiña gardado un proxecto, redactado por Costas”. Dito proxecto xa levaba redactado desde había máis de ano e medio, como sinala o portavoz popular, Óscar Rodríguez, que lembra que Sacido, “ademais de ser unha praia fermosa, ten ao seu carón un hotel de catro estrelas; o acceso pechado dá unha imaxe deplorable e priva do seu uso aos veciños de Viveiro e aos visitantes”. Rodríguez sinala: “Dende entón nada se avanzou. O acceso á praia sigue pechado e toda a zona está feita unha selva. É unha pena e unha actitude inexplicable por parte do goberno municipal”.

Os populares instan á alcaldesa Loureiro a adoptar as medidas necesarias para abrir canto antes o acceso á praia de Sacido, nas debidas condicións de seguridade. Óscar Rodríguez manifesta: “É inaudito que cinco anos despois sigamos igual, sen que o goberno municipal faga nada para resolver o problema. Os veciños de Viveiro teñen un bo exemplo neste caso da falta de capacidade do goberno local para defender os intereses do municipio, é dicir, os intereses dos veciños de Viveiro”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...