Rescatado cun sistema de cordas un ancián que caeu no Pozo da Ferida

O home, de 70 anos, precipitouse dun cantil e atopábase nunha zona de difícil acceso

Pozo da Ferida. AXM

Un home de 70 anos foi rescatado despois de caer nunha zona de difícil acceso no Pozo da Ferida, en Xove. O ancián foi trasladado ao Hospital da Costa cunha forte dor no pescozo.

O home resbalou e caeu ao caudal desde un cantil, polo que as forzas de seguridade e de emerxencias deberon realizar un sistema de cordas para salvalo.

DISPOSITIVO

O 112 Galicia coñeceu o suceso ás 14.00 horas, cando mobilizou os servizos do 061-Urxencias Sanitarias, Bombeiros de Viveiro, GES de Cervo, Protección Civil e Garda Civil.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here