Dous irmáns de Xove, campións de España de bolos celtas

Neste campeonato participaron 30 parellas de Asturias e Galicia. Este é o segundo campionato de España consecutivo para os irmáns López Formoso, xa que gañaron na mesma categoría o ano anterior.


Os irmán Julia e Miguel López Formoso, do Club de Bolos Xove, gañaron por segundo ao o título de Campións de España de Bolos Celtas na categoría de Mixto.

O torneo celebrouse entre os días 25 e 26 de setembro nos campos de Camos, no concello pontevedrés de Nigrán. Este campionato de España de bolo celta categoría mixta, recolle parellas formadas por un componente masculino e outro feminino.

Neste campeonato participaron 30 parellas de Asturias e Galicia. Este é o segundo campionato de España consecutivo para os irmáns López Formoso, xa que gañaron na mesma categoría o ano anterior.

Ambos irmáns partían como favoritos até que en cuartos de final estivo a punto de saltar a sorpresa. Outra parella, esta formada por Daniel Alonso e Raquel Cociña, os dous tamén do Club de Bolos Xove, estiveron a piques de eliminar aos irmáns Lopez Formoso. Finalmente a partida decidiuse cun axustado 5 a 4.

En semifinais Julia e Miguel gañaron por 5-2 á parella formada por Paula López, de Boiro, e Javier Parada, de Nigrán. A final xogárona contra Sandra Cordero, campioa de España femenina, e Jaime Rodríguez. Os irmáns López Formoso gañaron facilmente por dúas partidas a cero (4-0 e 4-3).

Os López Formoso xa teñen detrás unha traxectoria marcada polos triunfos. Julia, a pesar dos seus 17, anos xa ten varios campeonatos de España, mesmo en categoría xuvenil compitindo con xogadores masculinos.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here