Xove presenta o seu Plan Municipal Integral contra a violencia de xénero

O Concello de Xove presenta este plan dentro do marco para o 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.


Xove programa unha serie de actividades para o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Desde o Concello confirman os horarios definitivos para dúas das actividades previstas para ese día.

Así pois, queda confirmado o horario da presentación do Plan Municipal Integral contra a Violencia de Xénero do Concello de Xove. Xunto a este acto farase a Presentación do Calendario 2022 pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero. Será o xoves 25 de novembro ás 12:00 horas no Salón de Plenos do Concello.

A segunda actividade programada é a entrega de Premios para o 1º Concurso Tiktok pola Igualdade e contra a Violencia de Xérnero. Sábado, 27 de novembro ás 12:00 horas na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here