Xove fai unha parada na programación de Nadal ata o 2 de xaneiro cunha nova peza de teatro


O Concello de Xove retomará a súa programación de Nadal o domingo 2 de xaneiro. Este venres ás 11:00 h. no Pavillón Municipal de Deportes de Xove celebrouse a Festa Infantil Fin de Ano para que todos os nenos reciban o novo ano; ás 12:00 h. os nenos, sentados na Praza do Centro Cívico, tomaron as uvas para celebrar o cambio de ano.

A vindeira actividade dentro do Programa de Nadal, e primeira do ano 2022, será o 2 de xaneiro ás 19:00 h. no Salón de Actos do Centro Cívico, actuación do grupo de teatro Pico Do Castro que porá en escea a comedia “O Terapeuta” . Organizado pola Concellería de Cultura.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here