InicioOccidentalXoveXove presenta as actividades do Entroido e o Desfile de Disfraces para...

Xove presenta as actividades do Entroido e o Desfile de Disfraces para o sábado 26

O Concello ten previsto que os e as participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 26 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización.

Publicada o

- Advertisement -

Xove celebrará as actividades do Entroido co tradicional desfile de disfraces , que se vai desenvolver o sábado 26 de febreiro a partir das 17:00 horas.

-17:00 horas.- Desfile de entroido polas rúas de Xove, con saída do entorno do Campo Municipal de Fútbol e chegada no Centro Cívico. No desfile e ao remate do mesmo contaremos coa amenización e actuación da MEKÁNIKA ROLLING BAND.

-20:00 horas.- Entrega de Premios, na Praza do Centro Cívico, das categorías infantís do Desfile de Entroido.

-22:00 horas.- Actuación, na Praza do Centro Cívico, do Grupo Musical “NUEVA FUERZA“.

23:30 horas.- Entrega de Premios, na Praza do Centro Cívico, das categorías adultos do Desfile de Entroido.

-24:000 horas.- Continuación da actuación do Grupo “Nueva Fuerza”.

As Bases do gran Desfile de Xove recollen as categorías e premios (4.910 €uros en metálico) seguintes:

PREMIOS EN METÁLICO QUE SE VAN ENTREGAR NO DESFILE

PREMIOS

CARROZAS

COMPARSAS E GRUPOS DE 10 OU MÁIS PERSONAS

GRUPOS DE ADULTOS DE 3 A 9 PERSOAS

PARELLAS ADULTOS

INDIVIDUAIS ADULTOS(de 14 anos en diante)

1º – 500 E

2º – 350 E

3º – 250 E

4º – 250 E

5º – 200 E

6º – 200 E

1º – 300 E

2º – 250 E

3º – 200 E

4º – 200 E

5º – 150 E

6º – 150 E

1º – 130 E

2º – 100 E

3º – 70 E

4º – 70 E

5º – 60 E

6º – 60 E

1º – 70 E

2º – 60 E

3º – 50 E

4º – 50 E

1º – 60 E

2º – 50 E

3º – 40 E

4º – 40 E

-Premio ao disfraz máis orixinal (pode ser tanto individual como colectivo): 30 E.

-Premio ao conxunto máis numeroso: 30 E.

-Premio ao participante máis maior: 30 E.

-O participante máis novo recibirá un agasallo.

GRUPOS INFANTÍS DE 3 A 9 PERSOAS

PARELLAS

INFANTÍS

INDIVIDUAIS IFANTÍS (menores de 14 anos)

1º – 130 E

2º – 100 E

3º – 70 E

4º – 70 E

5º – 60 E

6º – 60 E

1º – 70 E

2º – 60 E

3º – 50 E

4º – 50 E

1º – 60 E

2º – 50 E

3º – 40 E

4º – 40 E

 

Inscrición. A mesma hai que realizala en:

-No Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 25 de febreiro incluído, ou ben, chamando por teléfono ao 982592001.

-O mesmo día do desfile (26 de febreiro) no punto de saída ubicado na Nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15:00 ata as 16:30 horas. Dende as 16:30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribiran con anterioridade via telefónica ou presencial.

O Concello ten previsto que os e as participantes a nivel individual, como parella, grupo, comparsa/grupo ou carroza que se houberan inscrito previamente no desfile (antes do 26 de febreiro) reciban un agasallo de parte da Organización. Quen se inscriba o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do Desfile, entregando o ticket facilitado previamente pola Organización.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...