A avalancha de solidariedade obriga ao Concello de Xove a paralizar a recollida de alimentos para Ucraína

O Concello de Xove agradece profundamente as doazóns recibidas por parte dos veciños, "aportacións que serán gardadas para enviar máis adiante ou reservadas para as persoas refuxiadas que cheguen a Galicia".

Centro cívico de Xove. ARQUITECTURA DE GALICIA

O Concello de Xove parou a recollida de material de primeira necesidade e alimentos ante a dificultade loxística que supón a conservación e almacenaxe.

O anuncio do consistorio xovense débese ao anuncio feito desde a FEMP e o Fondo Galego de Solidaridade que aconsellan paralizar a recollida de alimentos e materiais de primeira necesidade.

O Concello de Xove agradece profundamente as doazóns recibidas por parte dos veciños, “aportacións que serán gardadas para enviar máis adiante ou reservadas para as persoas refuxiadas que cheguen a Galicia”.

Dende o Concello de Xove condenan explicitamente esta guerra e mostrar a súa maior solidaridade co pobo de Ucraína.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here