Xove entrega os premios do Concurso de Caretas de Entroido 2022

Este mércores, nas dependencias do Colexio Pedro Caselles, o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín fixeron entrega dos premios.


A Concellería de Cultura, a través da Biblioteca Municipal de Xove, puxo en marcha a finais de xaneiro deste ano unha nova edición do Concurso de Caretas de Entroido. Coma en anos anteriores, o Concurso destinouse a nenos e nenas e rapaces rapazas de Xove, en especial aos alumnos/as do CEIP Pedro Caselles e do IES Illa de Sarón.

Segundo idade, tivemos cinco categorías: Preescolar (nenos/as de 3,4 e 5 anos); 1º e 2º de Primaria; 3º e 4º de Primaria; 5º e 6º de primaria e 1º a 4º de ESO. En cada unha destas categorías concedéronse tres premios, un primeiro, un segundo e un terceiro premio. Os premios deste concurso consisten en material escolar.

Este mércores, nas dependencias do Colexio Pedro Caselles, o alcalde Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín fixeron entrega dos premios do Concurso aos gañadores nas distintas categorías:

Os premiados/as nesta edición 2022, foron:

1º.- Categoría Preescolar (3, 4 e 5 anos):

1º Premio: (REX. Nº 4) JIMENA PALEO ENRÍQUEZ

2º Premio: (REX. Nº 9) ANAÍS ROMERO SUÁREZ

3º Premio: (REX. Nº 10) VALERIA VILASA POSADA

2º.- Categoría 1º e 2º de Primaria:

1º Premio: (REX. Nº 15) JESÚS LÓPEZ FRANCO

2º Premio: (REX. Nº 16) DAVID BURGOS PELOCHE

3º Premio: (REX. Nº 22) PABLO GARCÍA VAL

3º.- Categoría 3º e 4º de Primaria:

1º Premio: (REX. Nº 28) ÁLVARO GARCÍA CASABELLA

2º Premio: (REX. Nº 19) NICOLÁS PURRIÑOS GARCÍA

3º Premio: (REX. Nº 37) ANDRÉS ALCALDE FERNÁNDEZ

4º.- Categoría 5º e 6º de Primaria:

1º Premio: (REX. Nº 24) ALEJANDRO FLORES ESCOBAR

2º Premio: (REX. Nº 20) PAULA SÁNCHEZ PERNAS

3º Premio: (REX. Nº 46) CARLOTA EIJO RODRÍGUEZ

5º.- Categoría 1º a 4 º de ESO:

1º Premio: (REX. Nº 21) UXÍA GRADAILLE DURÁN

2º Premio: (REX. Nº 41) DANIEL BÉRTOLO CASABELLA

3º Premio: (REX. Nº 45) ANDREA EIJO RODRÍGUEZ-

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here