Xacio Baño, director de cine xovense, recibe o Mestre Mateo á mellor curtametraxe con “Augas Abisais”

A curtametraxe Augas Abisais é unha peza cun potencial percorrido internacional polos festivais de cinema de máis prestixio do mundo, co VALOR que iso supón en termos de comunicación.


O cineasta xovense Xacio Baño acaba de gañar o premio Mestre Mateo a mellor curtametraxe con “Augas abisais”, proxecto que contou coa colaboración e patrocinio do Concello de Xove.

O Concello felicitou a Baño e a todo o equipo de “Augas abisais” por este magnífico galardón, e “tamén por levar con tanto orgullo, polo mundo adiante, o nome do noso Concello”.

A curtametraxe Augas Abisais é unha peza cun potencial percorrido internacional polos festivais de cinema de máis prestixio do mundo, co VALOR que iso supón en termos de comunicación. O impacto en Redes Sociais e prensa xerado pola participación da peza no circuito de festivais de proxección nacional e internacional, implica o RETORNO en termos de VISIBILIDADE, PRESTIXIO E VALOR CULTURAL seguro. É polo tanto, unha oportunidade de PROXECCIÓN DA IMAXE DE XOVE A NIVEL NACIONAL E INTERNACIONAL.

A peza Augas Abisais fala da memoria colectiva familiar, e pescuda en lembranzas e relatos transmitidos de xeración en xeración por veciños de Xove. RESCATA UN PATRIMONIO INMATERIAL que, levado ao cinema, permanecerá vivo para sempre.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here