Xove participa dentro da campaña da USC e do HULA “Minerais contra o cancro”

Esta campaña vai dirixida a todas as persoas sans da provincia de Lugo entre 18 e 80 anos que non estén a tratamento oncolóxico.

Centro cívico de Xove, co Concello ao fondo. WIKIPEDIA

O Concello de Xove participa na Campaña “Minerais contra o Cancro” da USC e o HULA de Lugo co fin de poder axudar ás persoas enfermas, para o cal é moi importante estudiar o perfil mineral dos individuos sans da provincia de Lugo.

Esta campaña vai dirixida a todas as persoas sans da provincia de Lugo entre 18 e 80 anos que non estén a tratamento oncolóxico.

Todas as persoas que cumpran os requisitos e queiran participar nesta Campaña, poden facelo en:

-A través do Whatsapp: 690 971 248

-A través da Web: https://www.usc.gal/es/campusterra/minerales-cancer

Para realización desta campaña é precisa a recollida de mostras de sangue, a cal se vai facer nos seguintes lugares:

-Todos os días no HULA de Lugo.

-21 de abril, de 8:15 a 13:00 h na Escola de Enfermería de Lugo. (xa realizada).

-2 e 4 de maio de 8:00 a 10:30 h. no Hospital de Burela.

-2 de maio de 11:00 a 13:00 h. no Centro de Saúde de Viveiro.

-4 de maio de 11:00 A 13:00 h. no Centro de Saúde de Ribadeo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here