Xove reanuda a campaña de recollida de materiais con destino a Ucraína

O punto de recollida de todos os productos vai estar no Centro de Información Xuvenil de Xove, aberto diariamente de luns a sábado, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Centro cívico de Xove, co Concello ao fondo. WIKIPEDIA

Dende o Concello de Xove reanúdase a campaña para apoiar ao pobo de Ucraína. Con esta campaña preténdese recoller materiais de primeira necesidade co fin de de axudar a paliar todas as carencias que neste momento están a sufrir millóns de ucraínos pola atroz guerra derivada da invasión rusa.

O punto de recollida de todos os productos vai estar no Centro de Información Xuvenil de Xove, aberto diariamente de luns a sábado, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Ademáis deste punto de recollída, vai haber habilitados uns carritos nos supermercados de Xove seguintes: Erosky, Covirán e Establecemento Pérez.

A campaña vai comezar o luns 9 de maio e rematar o luns 6 de xuño.

Dentro dos produtos que se piden, temos:

Alimentos:

-Comida non perecedeira.

-Comida preferentemente enlatada, iso sí, non en tarros de cristal.

-Alimentos para nenos: leite,….

Produtos de higiene e aseo:

-Xeles, xabóns, esponxas, tampóns, compresas,….

-Para nenos pañais, toallitas,…

Produtos sanitarios:

-Gasas, vendas, tiritas, alcohol, produtos antisépticos,…

Produtos de supervivencia:

-Pilas, cerillas, mecheros, linternas,…

En fin, esta é unha relación somera do que se pode aportar. Lóxicamente, cada un, segundo as súas posibilidades, pode ampliar esta relación de produtos como lle pareza, pero sempre pensando no destino dos mesmos.

Dende o Concello pedimos e damos as grazas a todos os nosos veciños que se volquen nesta campaña, que mostren toda a solidaridade que poidan, xa que é o momento de estar ao lado do pobo de Ucraína. Temos que axudar a que a crise humanitaria que xa están a padecer os ucraínos se reduza o máximo, temos que, na mediada do posible, tentar de aliviarlles o seu sufrimento

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here