XXVII Torneo de Ximnasia Rítmica no Concello de Xove

O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, vai comezar pola mañá ás 11:00 horas.


Todo preparado para celebración do XXVII Torneo Concello de Xove de Ximnasia Rítmica, unha das competicións deportivas de rítmica con máis solera da nosa Provincia, que se vai celebrar mañá, sábado 7 de maio, no Pavillón Municipal de Deportes de Xove.

O Torneo, organizado polo Concello a través da Concellería de Deporte e a Escola Municipal de Ximnasia Rítmica, vai comezar pola mañá ás 11:00 horas, coa presencia de 7 equipos de toda a provincia:
Club Xirandela, Club Quicela, Escola Ximnasia Porta Norte, Club Filigrana, Club Violeta, Club Ximnasia Viveiro e Escola Municipal de Xove.

A competición vai desenvolverse nunha dobre sesión:

– Xornada de mañá de 11:00 a 14:00 horas.

-Xornada de tarde de 16:30 a 18:30 h.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here