Xove programa o novo concurso fotográfico con motivo do Día do Medio Ambiente

Este certame celébrase baixo o epígrafe "Cal é o teu espazo natural preferido de Xove?".

San Tirso de Portocelo Xove AXM

O Concello de Xove convoca o novo Concurso Fotográfico Medioambiental. O obxetivo do concurso é potenciar o coñecemento do medio natural do noso concello. Para consecución deste obxectivo, buscamos a imaxe preferida de cada participante do espazo natural (praia, campo, monte, rio, xardín, árbore, pena,…) do Concello de Xove. Pode ser unha fotografía dese lugar ou o/a participante realizando unha acción nese entorno natural.

Categorías de participación:

• INFANTIL —- ata os 12 anos.

• XUVENIL —- de 13 a 17 anos (ambos incluídos).

• ADULTO —- de 18 anos en diante.

Premios:

• Un trofeo en cada categoría á foto que máis guste (máis votada) segundo votación popular.

• Un OBSEQUIO institucional a cada participante.

• O prazo de recepción dos traballos comeza o venres 13 de malo e remata o luns 6 de xuño ás 0.00h

• O venres 10 de xuño as fotografías participantes serán publicadas, por categorías, na páxina de Facebook do Concello de Xove, onde a cidadanía poderá votar pola súa foto favorita ata o 14 de xuño, ás 0.00h.

• Cada participante poderá presentar unha sóla fotografía. Pedimos que a fotografía presentada teña unha mínima calidade para ser colgada no Facebook, co fin de facilitar un bó visionado da mesma. A organización do concurso adaptará as fotografías á capacidade da rede na que vai ser publicada.

• A fotografía que máis “ME GUSTA” acade en cada categoría será a gañadora.

Requisitos:

• Para participar as fotografías enviaranse por correo electrónico a medio.ambiente@xove.es.

No correo electrónico, ademáis de incluir a fotografía partricipante, haberá que incluir tamén a seguinte información:

o Nome, apelidos e data de nacemento da autora ou autor.

o Descrición ou título da fotografía.

o Número de teléfono de contacto.

o No caso dos menores de idade tamén se especificará nome, apelidos, e teléfono de contacto dos pais ou titores legais.

o Se na fotografía aparecen persoas deberán indicarse os seus datos e a conformidade da persoa para ser fotografiada.

o Os premios daranse a coñecer o 16 de xuño, a través da mesma páxina de Facebook do Concello de Xove, así como na web www.xove.es.

o O mesmo día, 16 de xuño, comunicarase o día, hora e lugar no que se entregarán os trofeos aos gañaores e a entrega de obsequio a cada participante.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here