Xove convoca o seu VIII Concurso de Fotografía Medioambiental

A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas

Centro cívico de Xove, co Concello ao fondo. WIKIPEDIA

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, vén de convocar o VIII Concurso de Fotografía MedioambientalXove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.

Dentro do concurso imos ter unha única categoría. En canto aos premios, imos ter cinco premios en metálico:

Primeiro premio: 120 euros

Segundo premio: 100 euros

Terceiro premio: 90 euros

Cuarto premio: 75 euros

Quinto premio: 65 euros

Normas do concurso:

A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as cales deberán ser sacadas dentro do término municipal de Xove. As fotografías deberán presentarse en formato dixital (JPEG) en alta calidade, sen comprensión, a unha resolución mínima de 2048 píxeles.

A documentación a presentar para participar no concurso será a seguinte:

-Ficha de inscrición-autoría establecida ao efecto.

-Copia do NIF do concursante.

-Un CD que conteña as imaxes dixitais.

O sobre que conteña esta documentación deberá presentarse até o día 9 de setembro do 2022, e poderá presentarse tanto no Rexistro de Entrada do Documentos do Concello coma mediante envío por correo postal ordinario; neste último caso, deberá facer constar no sobre pola Oficina de Correos a data de presentación, tendo en conta o límite do día 9 de setembro de 2022.

Para unha maior información sobre este concurso, poden chamar ao Concello e preguntar polo Técnico Municipal de Cultura. As Bases Reguladoras da Convocatoria e a Ficha de Inscrición-Autoría a poden atopar na sede electrónica do Concello, ubicada na páxina web www.xove.es.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here