InicioOccidentalXoveXove abre o prazo para solicitar as axudas ao estudo en distintas...

Xove abre o prazo para solicitar as axudas ao estudo en distintas modalidades

Ábrese o prazo para solicitar as distintas modalidades: comedor, estancia e transporte. O prazo para solicitar estas axudas é do 8 de xullo ao 5 de agosto. Toda a información pódese consultar na web municipal.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Xove abre as bolsas e axudas ao estudo. Para a presente convocatoria teñen por obxecto atender e sufragar os gastos derivados de:

A) Gastos de comedor para:

Estudantes de ensinos en centros públicos da comarca da Mariña que precisen comer fóra de Xove a causa dos seus horarios, cando ditos estudos, aos que se refiren as presentes bases, non sexan impartidos nos centros de ensino do Concello de Xove

B) Gastos de estancia para:

1. Estudantes universitarios en universidades españolas.

2. Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca.

3. Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores.

C) Gastos de desprazamento para:

1.- Estudantes que cursen estudos existentes en San Cibrao, Viveiro ou Burela, cando o seu horario escolar non sexa compatible coa liña regular de transporte de viaxeiros.

2.- Estudantes de ciclos formativos en centros da Mariña Lucense, agás os recollidos no punto anterior.

3.- Estudantes que cursen estudos existentes en San Cibrao ou Burela, e que ao regreso só dispoñan de transporte regular ata Xove e non ata a súa parada de orixe, por incompatibilidade da liña de transporte de viaxeiros.

4.- Estudantes de ciclos formativos que non existan na comarca.

5.- Estudantes de ensinos artísticos, profesionais e superiores e de ensinos deportivos, profesionais e superiores.

6.- Estudantes universitarios en universidades españolas.

Aos efectos das presentes Bases, enténdese por Axuda ao estudo “toda cantidade ou beneficio que o Concello de Xove conceda a quen desexe realizar ou se atope realizando estudos para a súa promoción educativa, cultural ou profesional, de acordo coas presentes bases e para os cursos académicos a que se refiran as respectivas convocatorias”

As persoas interesadas na concesión dunha axuda deberán cumprir o requisito de empadroamento e residencia efectiva no Concello de Xove.

-A renda per cápita familiar non poderá superar as contías seguintes:

Para axudas de transporte e estancia: sen límite.

Para axudas de comedor, con límite 7.500.-€/renda per cápita.

– Para ter dereito ás axudas para gastos derivados de estancia e de desprazamento, os/as estudantes deberán presentar o boletín de notas ou certificado do centro educativo de terse presentado alomenos ao 50% das materias correspondentes a matrícula.

No caso das axudas ao desprazamento recollidas no apartado 1 desa modalidade, os/as estudantes deberán aportar certificado do centro de ensino do horario escolar para xustificar que éste non é compatible coa liña regular de transporte de viaxeiros.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...