InicioCulturaA exposición "Amar a mar" abre as súas portas en Xove até...

A exposición “Amar a mar” abre as súas portas en Xove até finais de agosto

Na exposición pode contemplarse unha visión en feminino do mar e dos traballos mariñeiros, ademais de ser unha homenaxe a toda a comarca da Mariña.

Publicada o

- Advertisement -

A Rede Museística Provincial de Lugo, en colaboración co Concello de Xove, abre desde este martes até finais de agosto, a Exposición “Amar a mar. Mariñas, Marosas e Maruxainas”, na Sala de Exposicións da Oficina de Turismo de Xove, en horario de 11:00 a 14:00 (excepto os luns, que pecha).

Na exposición pode contemplarse unha visión en feminino do mar e dos traballos mariñeiros, ademais de ser unha homenaxe a toda a comarca da Mariña. Unha muller representando a cada Concello da Mariña. Un rostro e unhas mans que, nalgún momento da vida, desempeñaron algún labor relacionado co mar. Imaxes, historia e tradición dende hoxe, na sala de exposicións da Oficina de Información Turística.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...