InicioOpiniónUn Eo-Navia que sale al mundo | Quique Roxíos

Un Eo-Navia que sale al mundo | Quique Roxíos

El seis de abril el gallego de Asturias volverá a salir das cocías e da propia comarca onde se fala i escuitaranse os sous berros na Plaza L´Humedal de Xixón

Publicada o

- Advertisement -

El seis de abril de 2019 el gallego de Asturias volverá a salir das cocías e da propia comarca onde se fala i escuitaranse os sous berros na Plaza L´Humedal de Xixón, onde celebrarase úa manifestación pra pedir a oficialidá del gallego-asturiano e del asturiano. A decisión del PSOE de incluir nel programa electoral das próximas elecciois autonómicas a oficialidá del asturiano e del gallego-asturiano propiciou que a reivindicación llingüística agarre novo brión.

A mobilización del ano pasado en Uviéu, con máis de 30.000 personas, foi un precedente emocionante pos por primeira vez, tanto nas pancartas como nos discursos, deuselle úa visibilidá clara al gallego-asturiano paliando un pouco el trato frustrante e subordinado al que nos tein acostumados as distintas instituciois competentes de Asturias.

AS PRIMEIRAS RECLAMACIOIS

El gallego-asturiano é úa fala gallega propia de diecioito concellos asturianos. As primeiras reivindicaciois llingüísticas nel Eo-Navia empezaron, xa llougo hai trinta anos, na década dos oitenta del S. XX, coas reclamaciois del chamado Grupo de Eilao Pro Defensa da Nosa Lingua (Eilao) e da Asociación Cultural Ántola de Ibias, que se xuntaron creando en 1988 a Mesa prá Defensa del Galego de Asturias e da Cultura da Comarca (MDGA).

“EL GALLEGO-ASTURIANO É ÚA FALA GALLEGA PROPIA DE DIECIOITO CONCELLOS ASTURIANOS”

Esta asociación foi recibida con muito rechazo mediático e institucional acusándonos de ter motivaciois políticas. Na realidá el que había era desconocemento ou imposibilidá dos gobernantes asturianos de aceptar que el paradigma de ser asturiano excluía á propia personalidá cultural i el idioma autóctono desa parte de Asturias. Por desgracia ese pranteamento remata, intencionada ou inconscientemente, na discriminación i el menosprezo dun patrimonio que pertenece a todos os asturianos, a úa Asturias que é plural e divesa.

A MESA E XEIRA

A MDGA fexo un traballo mui importante como por exemplo a primeira Proposta de Normas Ortográficas e Morfolóxicas del Gallego de Asturias (1990). A súa llabor rematou al llograr que el gallego-asturiano fose reconocido por el parlamento asturiano nel ano 1998 (Lei de Uso del Asturiano ou bable).

Como reacción contra a MDGA i al abeiro de certo amparo institucional e mediatico naceu outra asociación, XEIRA, que asumiu pral gallego de Asturias úas normas ortográficas adaptadas da norma estandar del asturiano escollendo normalmente as soluciois máis diferenciadas del gallego común.

Pero el traballo que desenvolveu esta asociación supuxo un certo renacemento lliterario permitindo darlle maior prestixio al uso del idioma, inda que non incorporasen todas as sensibilidades. MDGA e XEIRA eran como el can I el gato, dous xeitos enfrentados de afrontar a reivindicación dos deretos llingüísticos.

ESENCIA GALEGO-PORTUGUESA

É evidente que el gallego-asturiano comparte muitos elementos coel asturiano pero a hipótese de considerar el eonaviego úa llingua independente ou incluso chegar a afirmar que forme parte del corpus llingüístico astur-leonés é un atraso, úa concesión aos amigos das falas ou dos bables que opinan que os idiomas autóctonos solo valen pra falar de etnografía ou pral teatro costumista.

“CONSIDERAR EL EONAVIEGO ÚA LLINGUA INDEPENDENTE OU INCLUSO CHEGAR A AFIRMAR QUE FORME PARTE DEL CORPUS LLINGÜíSTICO ASTUR-LEONÉS É UN ATRASO”

Os elementos máis interesantes del eonaviego seguramente tán nos sous arcaísmos e precisamente na súa esencia que, analizada filolóxicamente, é claramente galego-portuguesa. Partindo desta adscripción que conta cun consenso xeneralizado, Asturias debería saber aproveitar esta riqueza cultural e cuídala como un tesouro.

DIGNIFICACIÓN DEL IDIOMA

Tamos noutro momento histórico e é tempo de abrir outros camíos. Porque hai que admitir que pouco é lo conseguido nel asunto verdadeiramente importante: el reconocemento dos deretos llingüístico. Pero as lluitas e llaborías feitas deixaron úa pisada e permítennos contar con éxitos e fracasos que reivindicar como nosos, algo que nos fai agora máis fortes. Acaso os novos empuxes, feitos buscando consensos, vaian construindo un porvir pral Eo-Navia basado tamén na dignificación del idioma.

VOLUNTÁ POR SALIR PRALANTE

A nosa comarca é úa sociedá de gran tradicción creativa que soubo conservar muito del sou patrimonio convertindo a discriminación i el esqueicemento en ventaxa. Nas diferentes e interesantes propostas culturais das terra eonaviegas medra cada día a presenza del idioma propio, cousa que sorprende, feridos como tamos del mal del despoblamento e demostra que seguimos sendo depositarios dúa voluntá enorme por salir pralante e progresar.

“TAMOS PREPARÁNDONOS PRA SALIR AL MUNDO I QUE EL MUNDO VEÑA RESPETUOSO A SABER DE NOSOUTROS. SOMOS ALGO MÁIS QUE PAISAXE”

Por eso el gallego asturiano tará en Xixón na manifestación pola oficialidá. Tábamos aquí siglos antes dos anos oitenta e inda tamos. Que naide espere desaforados aturuxos ou escouguidos. Os del Eo-Navia ergueremos a voz al noso estilo. Tamos preparándonos pra salir al mundo i que el mundo veña respetuoso a saber de nosoutros. Somos algo máis que paisaxe. Nel Xornal da Mariña intentaremos ir informando.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...