InicioM.ambiente e PatrimonioO plan de protección da contorna das Catedrais, listo "esta semana" para...

O plan de protección da contorna das Catedrais, listo “esta semana” para a súa aprobación provisional

O acalde espera "ter operativo o documento nesta semana" para entregalo á Xunta de cara á súa validación definitiva

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, espera que “nesta semana poidamos ter operativo todo o documento que estamos a tramitar do plan especial de protección da contorna da praia das Catedrais, para sometelo á súa aprobación provisional”.

O proxecto, aprobado inicialmente no 2017, superou ao longo dos anos as correspondentes autorizacións sectoriais e o goberno local espera poder envialo así á Xunta de Galicia, administración encargada de dar o visto bo definitivo ao documento.

Con isto teremos un marco de referencia legal e xurídico moi potente para seguir traballando entre varias administracións sobre un documento concreto, cunhas liñas e cunhas estratexias de actuación para que As Catedrais siga sendo unha das mellores praias do mundo, cunha contorna axeitada ao areal”, expón o rexedor.

DEMOLICIÓN DO BAR

O documento regulará diferentes aspectos. Un deles é a demolición do bar ubicado preto da praia. “Pensar en facer algo así hoxe é imposible. Fíxose como se fixo e a ninguén se lle pasa pola cabeza que haxa un bar ou vivendas ao pé de Stonehenge”, expón Suárez Barcia.

O PROXECTO INCLÚE DERRUBAR UN BAR, HABILITAR UN APARCADOIRO PREVIO PARA CHEGAR A PÉ E CREAR UN CENTRO DE INTERPRETACIÓN

TRÁFICO E APARCADOIROS

Tamén se regulará o tránsito de vehículos, coa intención de habilitar un aparcadoiro público previo -para uns 1.300 turismos– que obrigue ao paso peonil cara o monumento natural, como mellor forma de preservalo. O percorrido sería duns 800 metros.

As prazas de aparcamento existentes na actualidade, asfaltadas sobre a praia, quedarán para veciños que vivan na contorna, servizos de emerxencias ou persoas con mobilidade reducida, que poderán usar a parte final da estrada. O proxecto non afectará á actividade gandeira.

A idea é fomentar o transporte público para a sostenibilidade do monumento e a súa contorna. O que non quita que non poida repercutir na poboación ribadense, porque cobrar polo estacionamento nutriría as arcas municipais e iría no beneficio de todos”, argumenta o rexedor.

CENTRO DE INTERPRETACIÓN

Nesa zona proxéctase tamén un centro de interpretación do areal, que podería deixar un espazo para a venta de merchandising.

INVESTIMENTO DE 2,5 MILLÓNS

O proxecto de protección da contorna das Catedrais suporá un investimento de 2,5 millóns de euros. “A partir da súa aprobación definitiva veremos que administracións teñen compromiso e cales non. Pódeo facer só o Concello de Ribadeo? Pode, pero tardaría moitos anos”, explica Suárez Barcia.

O ALCALDE AGARDA QUE O ANUNCIO DO GOBERNO DA CREACIÓN DUN APEADOIRO DE TREN PRETO DO AREAL “NON SEXA ELECTORALISMO”

MEDIO MILLÓN DE VISITANTES ANUAIS

Suárez Barcia lembrou que visitan o areal cada ano “medio millón de persoas, a metade en verán e a outra metade durante o resto do ano”, polo que ve imprescindible “potenciar os servizos públicos de transporte”.

APEADOIRO DE TREN

Neste senso, o alcalde ribadense valorou o anuncio do Ministerio de Fomento da creación dun apeadoiro de tren próximo ao monumento natural, unha medida contemplada no proxecto.

O rexedor de Ribadeo agradeceu o feito de que “parece que se nos vai facendo caso nisto” e agarda que a promesa do Goberno “non se quede nun mero anuncio electoral”.

o goberno deberá informar a por nuestro faro sobre a autorización da fosa séptica de illa pancha

ILLA PANCHA

A Valedora do Pobo atendeu a petición do colectivo Por Nuestro Faro, que demanda información sobre a licenza municipal da foxa séptica de Illa Pancha.

Así, insta ao Concello de Ribadeo a “responder nun prazo máximo de 15 días hábiles, á petición de información solicitada” pola agrupación, que acusa ao goberno local de “favorecer a unha empresa privada” ao “conceder unha licenza de apertura sen ter resolto o problema dos vertidos de residuais“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...