IniciosociedadeO "campanu" converteuse no protagonista da Festa da Troita, que visitaron 4.000...

O “campanu” converteuse no protagonista da Festa da Troita, que visitaron 4.000 persoas

Un pescador asturiano que participaba nos certames deportivos da cita pontenovesa capturou o primeiro salmón da tempada en Galicia

Publicada o

- Advertisement -

Máis de 4.000 persoas achegáronse a Festa da Troita da Pontenova, que superou as catro décadas de tradición. A degustación das troitas nas casetas situadas na Praza dos Fornos e os certames de pesca son os grandes reclamos desta cita que mestura o interese turístico e gastronómico co deportivo.

Os concursos de lance, mosca e salmón reuniron a 130 pescadores de Galicia, Asturias e outras comunidades, entre eles oito campións do mundo, aos que se puido ver desde primeira hora da mañá deste mércores na ribeira do Eo.

O espectáculo seguírono en primeira liña as persoas que participaron na ruta de sendeirismo Festa da Troita Vía Verde, que se organizou por primeira vez e que discorreu a carón do río pola antiga vía do tren que unía A Pontenova e Ribadeo.

PRIMEIRO SALMÓN DA CAMPAÑA

O campión do concurso de salmón foi o asturiano Laureano Álvarez Hermida que botou a terra o “campanu” galego, capturado en Herbelle. O primeiro salmón da tempada de pesca, que se inaugurou este mércores en Galicia, pesou case sete quilogramos.

O concello subliñou que a festa supuxo “unha ocupación hoteleira do 100%” ademais “dun revulsivo económico para a Mariña” xa que a maioría dos pescadores se aloxaron nos establecementos da vila e da contorna.

TROITAS DE OURO

As actividades programadas comezaron xa o martes coa entrega das ”Troitas de Ouro” a personalidades e entidades relevantes do mundo da pesca: o campión mundial David García Ferreras; a Fundación North Atlantic Salmon Nasf; o proxecto Arcas de Mesas do NarceaLeonardo de la Fuente de Radio Marca e Manuel Gómez da tenda de pesca en Chantada Armería Mago.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...