Trabada ultima a posta en marcha do Punto de Atención a Infancia coa ordenanza de prezo público

O goberno local levará o documento ao pleno do vindeiro mércores no que tamén se aprobará a estrutura da nova corporación


O goberno local de Trabada levará a ordenanza de prezo público de prestación do servizo de Punto de Atención á Infancia (PAI) ao pleno do vindeiro mércores.

O documento, que debe ser sometido a exposición pública antes da súa aprobación, dá un impulso definitivo a posta en marcha do centro de cara “ao vindeiro curso“.

A dotación atenderá a nenas e nenos entre tres meses a tres anos, prestando un servizo educativo e asistencial ás familias do municipio.

O concello investiu máis de 71.000 euros nas obras de adaptación de aulas do CEIP Celso Currás para acoller o centropreto de 15.000 en equipamento e material didáctico.

PLENO ORGANIZATIVO “EN PRAZO”

Ademais da ordenanza, na sesión do vindeiro mércores aprobarase a estrutura do novo goberno municipal.

En contra do manifestado do Partido Popular, que acusou á alcaldesa en función Mayra García Bermúdez, de convocar a sesión “fóra de prazo”, a socialista defendeu que a convocatoria se fixo “nos trinta días” seguintes á sesión constitutiva que dá de prazo a lexislación.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here