InicioSucesosPiden dous anos e medio de prisión para dous socios dunha granxa...

Piden dous anos e medio de prisión para dous socios dunha granxa de Riotorto por un delito societario

A Fiscalía acusa ao presidente e secretario de aproveitarse dos seus cargos para cometer irregularidades contables, falsidades e incumprimentos legais das súas obrigas

Publicada o

- Advertisement -

A Fiscalía pide dous anos e medio de prisión para dous socios dunha explotación láctea de Riotorto, J. A. L. S. e D. L. V., por irregularidades contables, falsidades e incumprimentos legais das súas obrigacións como membros xestores da sociedade.

Este caso, que procede do xulgado de instrución número 1 de Mondoñedo, será xulgado na Audiencia Provincial de Lugo este martes, 29 de outubro.

No seu escrito de acusación, a Fiscalía sinala que ambos os acusados, presidente e secretario de Sociedad Agrícola de Transformación (SAT), “postos de común acordo e prevaléndose dos cargos que tiñan atribuídos na mencionada sociedade”, levaron a cabo este suposto delito societario desde a fundación en 2003 da granxa ata, “como mínimo”, 2014. Por entón, a explotación “alcanzara un grao tal de endebedamento que motiva a súa inviabilidade empresarial“.

Os acusados facían constar un capital social que non coincidía co que constaba nos libros de contabilidade. Tamén efectuaban préstamos da entidade aos seus socios “incumprindo así a lei de sociedades de capital”, “pagando intereses de préstamos que se solicitaban a pesar de haber diñeiro en caixa causando un evidente prexuízo á sociedade”, con pagos que facían constar no saldo de caixa sen existir metálico.

Ademais, elaboraron unhas contas anuais de 2004 a 2013 co incumprimento de “forma evidente” da normativa vixente, nun plan xeral contable feito “con completa escuridade“.

A isto únese que deixaron de tributar o imposto de sociedade en 2007, “xestionando de forma totalmente irregular préstamos” e incumprindo “sistematicamente desde 2004 a normativa sobre renovación da xunta reitora da sociedade”.

RECLAMACIÓN DE PREXUÍZOS

Por todo iso, un matrimonio que formaba parte da sociedade –á que achegaron máis de 38.000 euros, leiras e gando– reclaman tamén polo prexuízo sufrido.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...