IniciosociedadeDiario de corentena: non todas as paredes pechan o mesmo

Diario de corentena: non todas as paredes pechan o mesmo

As cidades e edificios pensados para as necesidades do traballo, en vez de para as da vida, vólvense máis inhumanos e transloce a desigualdade en torno á vivenda, dereito fundamental

Publicada o

- Advertisement -

O último lugar no que vivín en Compostela era minúsculo. Un piso de estudantes con pouca luz, pouco espazo e cun diminuto anaco de ceo visible dende a ventá. Gárdolle agarimo a aquela casa pero por nada do mundo me querería ver alí durante esta corentena. Hai paredes que pechan máis ca outras.

As cidades e edificios que parecen pensados para as necesidades do traballo, en vez de para as da vida, vólvense agora máis inhumanos se cabe. As desigualdades en torno á vivenda, dereito fundamental, incrementan a vulnerabilidade dos de sempre: “Non é o mesmo vivir este momento de incerteza económica e laboral nunha casa en propiedade sen pagos pendentes que nun piso en alugueiro ou cunha hipoteca por amortizar”, en palabras de Iago Lestegás, arquitecto e doutor en Urbanismo.

“Cando esta pandemia remate, as aldeas galegas van volver repoboarse”, dicía estoutro día nunha entrevista ao Lugo Xornal a neurocientífica Sonia Villapol (BretoñaA Pastoriza). A min cústame caro crelo.

Continúa o Diario de Corentena de Xornal de Lemos, Lugo Xornal e Xornal da Mariña. Preme abaixo para continuar a ler o artigo de Silvia López.

Día 34 de corentena: as aldeas, despois de todo isto

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...