IniciosociedadeA tormenta deixa ventos de 145,6 km/h na Pontenova e 18,6 litros...

A tormenta deixa ventos de 145,6 km/h na Pontenova e 18,6 litros por metro cadrado en Ribadeo

As localidades mariñás lideraron Galicia nestes dous valores nunha xornada na que se produciron máis de 100 incidencias na provincia, moitas relacionadas coa rede eléctrica

Publicada o

- Advertisement -

O paso dunha fronte con ventos de máis de 100 quilómetros por hora esta tarde de luns por Galicia deixou un total de 166 incidencias ata as 18,00 horas, con caídas de tellados e árbores, principalmente.

As provincias de Lugo (105 incidentes) e Ourense (43) foron as máis afectadas o impacto do temporal, seguidas da Coruña (10) e Pontevedra (8), segundo informa o 112 Galicia.

O refacho máximo de vento tivo lugar ás 17.20 horas na Pontenova con 145,6 quilómetros por hora (km/h), nunha xornada na que este municipio tamén cultivou o segundo maior rexistro de choivas (con 18 litros por metro cadrado), só por detrás de Ribadeo (18,6 litros). Ademais, dáse a circunstancia de que pola mañá este municipio lucense alcanzou temperaturas superiores aos 30 graos.

Os problemas na rede eléctrica tamén foron frecuentes nunha xornada na que caeu choiva a baldes, saraiba, lóstregos e tronos. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...