InicioSucesosLiberan un condutor que caeu por un desnivel na Pontenova

Liberan un condutor que caeu por un desnivel na Pontenova

O sinistro ocorreu ao redor das 17,30 no lugar de Dodrín.

Publicada o

- Advertisement -

Os servizos de emerxencias tiveron que excarcerar este domingo a un home que se saíu da estrada co coche e caeu por un desnivel na Pontenova.

O sinistro ocorreu ao redor das 17,30 no lugar de Dodrín. Sobre esa hora, un familiar do home accidentado chamou á central do 112 Galicia para solicitar axuda.

No seu relato, informa o 112, a persoa alertante explicaba que o home o chamou para indicar que sufrira un accidente e que necesitaba axuda para abandonar o vehículo. Nese momento, outro particular contactaba co 112 para contar que fora testemuña dunha saída de vía, concretamente en Dodrín.

Con estes datos, a central de emerxencias puxo en marcha un operativo que contou coa intervención do 061-Urxencias Sanitarias, dos bombeiros de Barreiros e dos membros do GES da Pontenova.

Os equipos de intervención tiveron que usar material de excarceración para liberar o ferido, tras o cal puido recibir asistencia médica por parte dos profesionais sanitarios.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...