Ferida unha pasteleira da Pontenova ao prenderlle a man unha máquina

O GES pontenovés tivo que intervir para liberar á obreira, que foi trasladada ao Hospital da Costa

Rúa da Pontenova na que se produciu o accidente. AXM

Unha muller resultou ferida na mañá do xoves tras sufrir un accidente na pastelería na que traballaba, situada na Avenida de José Antonio, no concello lucense da Pontenova, segundo informou o 112 Galicia.

A traballadora estaba a moer améndoa nunha máquina cando lle quedou atrapada a man no aparato. O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Pontenova debeu intervir para liberar a man da traballadora.

DISPOSITIVO

O accidente produciuse sobre as 11.00 horas e a obreira foi levada nada máis quedar liberada ao Hospital da Costa pola ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias. Tamén foron convocados os bombeiros de Barreiros e axentes da Garda Civil e Protección Civil.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here