InicioOrientalA PontenovaConfirmado o arquivo da causa contra Darío Campos por denegar unha licenza...

Confirmado o arquivo da causa contra Darío Campos por denegar unha licenza como alcalde

A Audiencia Provincial de Lugo remarca que as cuestións e a denegación da licenza que deu pé á denuncia "haberán de liquidarse" no seu ámbito "natural, que é o administrativo", sen que poida "extrapolarse a súa análise ao dereito penal".

Publicada o

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo desestimou o recurso e, en consecuencia, confirma a decisión do Xulgado de Instrución número 2 de Mondoñedo de decretar o sobresemento provisional e arquivo da causa aberta contra o expresidente da Deputación Darío Campos por suposta prevaricación administrativa no seu cargo de alcalde da Pontenova.

En concreto, a causa centrábase na denegación dunha licenza de obras na localidade vinculada co trazado de sanemento en Conforto.

O auto da Audiencia, con data de 22 de abril, subliña que neste caso “non está debidamente acreditado o propio feito que se denuncia” e incide en que non toda irregularidade, de existir, desemboca nunha infracción penal.

De feito, remarca que as cuestións e a denegación da licenza que deu pé á denuncia “haberán de liquidarse” no seu ámbito “natural, que é o administrativo”, sen que poida “extrapolarse a súa análise ao dereito penal” Así as cousas, acorda desestimar o recurso presentado e ratifica a decisión adoptada no xulgado de Mondoñedo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...