A Área de Turismo do Consello de Barreiros organizada para este verán varios roteiros guiados en kaiak pola Ría do Masma con saída dende o embarcadoiro da praia de A Anguieira. “Actividades como esta, non só constitúen unha fantástica alternativa para pasar un intre divertido e facer exercicio ao aire libre coa familia e os amigos, senón que tamén permiten aprender sobre os valores ambientais da ría”, explican dende o Concello.
Nestas travesías percorrerase o litoral da ría pola marxe de Barreiros acompañados dun equipo de guías especializados. Realizaranse catro rutas en total ao longo dos meses de xullo e agosto, podendo consultar toda a información a través da web do www.aescola.concellodebarreiros.gal ou chamando á Oficina de Turismo. Terán un custe de 30€ por ruta e persoas e as prazas son limitadas.
O prazo de inscrición iniciarase o venres 25 de xuño permanecendo aberto ata 3 días antes de cada actividade, sendo o último día do prazo o luns previo a cada un dos roteiros guiados. A Alcaldesa, Ana Ermida, espuxo que “con isto o Concello quere facilitarlles a veciños/as e visitantes unha oferta de ocio atractiva e interesante sen ter que desprazarse fóra do municipio e agarda facer de Barreiros un lugar máis dinámico con alternativas de ocio e deporte para tódolos públicos poñendo, á vez, en valor os espazos naturais do municipio”.