IniciosociedadeRibadeo e Barreiros apostan por un novo obradoiro de emprego xuvenil

Ribadeo e Barreiros apostan por un novo obradoiro de emprego xuvenil

O proxecto, dirixido a 16 mozos, iniciarase en agosto e terá unha duración de 12 meses.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo, a través da Area de Desenvolvemento Local, poñerá en marcha no mes de agosto un novo obradoiro de emprego dirixido a persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Este proxecto levarase a cabo en colaboración co Concello de Barreiros, a través dunha subvención procedente da Consellería de Emprego e Igualdade. Os dous Concellos xa están desenvolvendo na actualidade un programa destas características, no que están contratadas 16 persoas.

O edil Pablo Vizoso contou que “este novo proxecto, denominado Territorio Vivo, pretende poñer en valor o patrimonio natural e histórico que ámbolos dous Concellos posuímos, establecendo actividades que busquen a súa protección e difusión e fomentando así a súa permanencia no tempo. Do mesmo xeito preténdese crear na cidadanía a sensibilización por protexer o legado histórico e natural que lles é máis próximo”. Entre as actuacións que se levarán a cabo están a análise do territorio desde un punto de vista natural, a creación dun centro de interpretación virtual do patrimonio natural ou a realización de visitas guiadas ou talleres de educación ambiental.

Vizoso Galdo indicou que “no ámbito de arquivos e dixitalización, o traballo centrarase principalmente na organización da documentación dos arquivos municipais, na creación dunha ferramenta de busca avanzada, a realización de exposicións coa documentación máis relevante”.

A duración deste obradorio de emprego será de 12 meses, no que estarán contratadas a tempo completo 16 persoas dos concellos de Ribadeo e Barreiros. a maiores tamén se xerarán 2 postos de traballo de persoal docente. Ao finalizar o obradorio as persoas participantes estarán en condicións de incorporarse ao mercado laboral para incorporarse a un posto como monitor/a-guía de educación ambiental, informador/a ambiental, xestión documental ou dixitalización.

Os requisitos para poder participar neste obradoiro de emprego son: ter ata 30 anos de idade, atoparse inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil, estar en situación de desemprego e solicitar a participación neste programa a través da Oficina de Emprego. As persoas interesadas nas ofertas de docentes poderán consultar as bases de selección no taboleiro de anuncios de ambos os dous Concellos. As solicitudes poderán facerse no Concello ou na Oficina de Emprego ata o 30 de xullo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...