InicioOrientalBarreirosBarreiros prepara ferramentas para atraer o turismo despois do verán

Barreiros prepara ferramentas para atraer o turismo despois do verán

Tamén o sábado 28 de agosto se proxectará o filme "Eroski Paraíso" no campo da festa de Vilamar.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros realizou un vídeo promocional do destino baseado na paisaxe e na tranquilidade. Tamén se elaboraron unhas postais dixitais descargables para que os viaxeiros se leven un recordo de Barreiros e, ademais, as poidan compartir cos seus achegados divulgando así os principais atractivos turísticos do municipio.

Coa idea de fomentar a chegada de turistas en tempada baixa e incrementar os días de estancia así como de premiar a elección deste destino, o Concello optou por lanzar estas dúas ferramentas de promoción precisamente agora, ao rematar o verán. Pois, as suaves temperaturas, a práctica de actividades na natureza, a tranquilidade e o contacto coa cultura local propician a chegada de viaxeiras e viaxeiros moito máis alá dos meses de xullo e agosto.

O litoral da Mariña Lucense é unha das zonas costeiras de Galicia onde menos chove ao longo do ano -segundo os Informes Climatolóxicos Anuais elaborados por Meteogalicia-.

Vídeo promocional turístico “Barreiros queda en ti”

Céntrase na paisaxe, mais tamén en sensacións como a liberdade, a paz, a conexión coa natureza e coa cultura do lugar. En liña coa filosofía do Turismo Slow, das viaxes conscientes e do vínculo coa esencia dun territorio onde parece que o tempo se detén.

Desde o Concello agradecen a colaboración e o traballo realizado por tódalas persoas que contribuíron á gravación e posterior edición deste vídeo, especialmente aos/as figurantes e ao Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.                                    https://www.concellodebarreiros.gal/gl/turismo/video-barreiros-queda-en-ti

CINEMA NA RÚA

O Concello de Barreiros ten programado para este sábado unha sesión de cine na rúa onde se proxectará a película “EROSKI Paraíso”, unha comedia documental que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación das relacións dentro dunha pequena comunidade, a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros, un pequeño pobo da costa galega, entre 1972 e 1990, e que ao cabo dos anos foi convertida nun supermercado Eroski.

Un feito que, cambiando os nomes, repetiuse en infinidade de lugares de toda España, onde os cines, salas de festas e outros espazos de socialización fóronse transformando en espazos de consumo. Unha metáfora viva da transformación social ocorrida nos últimos 35 anos.

Esta actividade enmárcase dentro do programa “Barreiros ConVídate” que as concellerías de Dinamización e Igualdade do Concello de Barreiros levan desenvolvendo por diferentes parroquias do municipio nos meses de xullo a agosto.

A proxección terá lugar este sábado 28 de agosto no campo da festa da Vilamar ás 22:00 horas con entrada gratuíta ata completar aforo por orde de chegada.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...