InicioOrientalBarreirosBarreiros iniciará o inventario de camiños mediante reunións coa veciñanza

Barreiros iniciará o inventario de camiños mediante reunións coa veciñanza

O Concello habilitará días e horas nas oficinas municipais para consultas particulares.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros iniciará a vindeira semana as reunións informativas sobre a elaboración do inventario de camiños e a presentación de alegacións ao mesmo. Tras a aprobación inicial do documento por unanimidade no pleno do pasado luns, iníciase a exposición pública do mesmo para a presentación das alegacións oportunas en caso de erros ou inexactitudes.

A alcaldesa explicou que “a elaboración deste inventario pretende dotar de seguridade xurídica ás decisións que haxa que tomar en relación coas vías municipais, así como facilitar o traballo á hora de planificar as actuacións nas mesmas”. A rexedora existe na importancia de ter un documento que acredite a titularidade das vías e que recolla as características, estado e necesidades das mesmas como base para os traballos que sexa preciso realizar.

EXPOSICIÓN PÚBLICA E CHARLAS INFORMATIVAS

Co fin de dar a coñecer o documento elaborado, así como os criterios utilizados na redacción do mesmo, desde o Concello organizaranse charlas por parroquias con persoal técnico para dar explicacións xerais.

Ademais destas charlas, o persoal municipal estará a disposición da veciñanza para resolver cuestións concretas os martes de 9 a 14 horas e os xoves de 9 a 14 e de 16:30 a 19:30 nas oficinas técnicas situadas na primeira planta; excepto o xoves 7 de outubro por coincidir con charlas explicativas.

As charlas realizaranse nos locais situados nas distintas parroquias e o aforo estará adecuado á normativa en vigor no momento da súa realización, polo que pode ser necesario a limitación de asistencia, en cuxo caso se valoraría a realización de novas convocatorias.

O calendario de charlas previstas inicialmente é o seguinte:

Martes 5 de outubro ás 17 horas no centro sociocultural de San Cosme.

Martes 5 de outubro ás 19 horas, no Canteiro de Benquerencia.

Mércores 6 de outubro ás 10:30 horas no centro social de San Xusto.

Mércores 6 de outubro ás 12:30 nas escolas de Vilamartín Pequeno.

Xoves 7 de outubro ás 17 horas nas escolas de Reinante.

Xoves 7 de outubro ás 19 horas nas escolas de San Miguel.

Mércores 13 de outubro ás 10:30 horas no centro social de Cabarcos.

Xoves 14 de outubro ás 10:30 horas nas escolas de Celeiro.

As xuntanzas están dirixidas ás persoas da parroquia na que se convocan de cara a dar unha explicación xeral do traballo realizado en cada unha delas, así como asesorar no procedemento a seguir no caso de precisar analizar cuestións concretas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...