InicioOrientalBarreirosBarreiros acollerá este sábado a iniciativa A Mariña en Ruta

Barreiros acollerá este sábado a iniciativa A Mariña en Ruta

As persoas interesadas en gozar de A Mariña en Ruta poden atopar información e facer a reserva de prazas en https://amarinalucense.gal/es/a-marina-en-ruta e para calquera consulta poden contactar a través da seguinte dirección de correo electrónico: enruta@amarinalucense.gal e o teléfono +34 690 61 47 49.

Publicada o

- Advertisement -

A sexta andaina de outono de A Mariña en Ruta seguirá este sábado, 6 de novembro, por Barreiros. Esta iniciativa da Mancomunidade de Concellos da Mariña continuará todos os sábados do mes de novembro e tamén o 4 de decembro. Santo Estevo do Ermo, o Camiño do Norte, o Viveiro industrial, Portocelo en Xove ou O Vicedo serán as próximas paradas.

As persoas interesadas en gozar de A Mariña en Ruta poden atopar información e facer a reserva de prazas en https://amarinalucense.gal/es/a-marina-en-ruta e para calquera consulta poden contactar a través da seguinte dirección de correo electrónico: enruta@amarinalucense.gal e o teléfono +34 690 61 47 49.

Durante estes días tivo lugar a primeira fin de semana de actividades das III Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía que se desenvolveron do 29 ao 31 de outubro e discorreron pola Pontenova, Mondoñedo e Viveiro coas prazas completas e cunha bo acollida entre o público participante, procedente da propia comarca, pero tamén do resto de Galicia, Asturias e Madrid. Nesta ocasión a iniciativa está sendo destinada aos profesionais do turismo, da hostalería e do comercio da comarca, das axencias de viaxes e dos centros educativos de Galicia así coma ao público e xeral.

O venres tivo lugar a inauguración destas III Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía na Pontenova, cun acto de benvida e presentación do proxecto aos participantes por parte do alcalde, Darío Campos, o presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, o artesán e ferreiro local J. Rodil e a Xefa de Área Provincial de Turismo en Lugo, Paloma Vázquez.

Estas III Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía continúan do 12 ao 14 de novembro, con algunha praza libre para a visita ao Barco Museo Reina del Carmen e ás redeiras Cabo Burela e lista de espera para a ruta dos Asteleiros Fra e Espazo Caritel.

Ambas iniciativas están organizadas pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia e co apoio da Deputación para a súa promoción.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...