InicioOrientalBarreirosA alcaldesa de Barreiros critica o abandono da sanidade no rural: "Hai...

A alcaldesa de Barreiros critica o abandono da sanidade no rural: “Hai un médico para facer o traballo de tres”

Denuncia que aumenta a poboación "nestas datas" de persoas que se achegan ata este municipio onde teñen situada a súa segunda residencia e non hai servizo médico para atendelas.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Barreiros, a nacionalista Ana Ermida, urxe ao Servizo Galego de Saúde a que repoña o persoal médico e de pediatría no centro de saúde deste municipio da Mariña. Hermida manifestou este venres que por parte do Concello dirixíronse ” ao Sergas” porque levan “un tempo no centro de saúde de Barreiros onde a persoa que prestaba atención pediátrica fixo un cambio de destino e a cobertura faise en momentos puntuais”.

“Non hai estabilidade e evidentemente nesta época é bastante habitual que os nenos e nenas teñan que recibir ese tipo de atención“, lamentou a rexedora.

Ademais, Hermida tamén se queixou de que “o persoal médico está minguado por cuestións de permisos ou vacacións, e non se cobren as prazas” de especialistas facultativos. “Durante varios días a atención do centro de saúde foi realizada por unha única persoa co que iso leva, nun concello cunha poboación envellecida que temos e tan só un atende as citas de tres médicos”, lamentou.

A alcaldesa de Barreiros puntualizou que, igualmente, “nos últimos días houbo cancelacións de citas non urxentes e é que non pode ser que unha persoa faga o traballo de tres porque a calidade do servizo vese minorada”. “Queremos que se cubran eses descansos. O Sergas ten que ter previsión para cubrir con normalidade o servizo porque se está producindo unha deterioración da sanidade pública”, censurou Ana Hermida.

Son sobre 3.000 os veciños de Barreiros, comentou, co “inconveniente e agravante” de que aumenta a poboación “nestas datas” de persoas que se achegan ata este municipio onde teñen situada a súa segunda residencia, para pasar as festas do Nadal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...