Os cabezudos de Barreiros volverán lucir as súas cores tras a súa restauración

Nos vindeiros meses faranse actividades relacionadas coa posta en valor destes bens culturais que buscarán achegalos á poboación, cativos e adultos. "Notamos que gran parte da veciñanza descoñece que existen xigantes e cabezudos neste concello e é preciso dotalos dun espazo e de actividades nas que estean presentes".


O Concello de Barreiros fixo pública a restauración dos xigantes e cabezudos, un proxecto cofinanciado polo Centro de Artesanía e Deseño da Deputación Provincial e que foi realizada por Kukas Producións artísticas. Asistiu á presentación o Deputado Provincial, Efrén Castro. Unha restauración necesaria e cun carácter funcional.

A intervención artística consistiu en reparar as partes máis afectadas, repintar todas as pezas, modificar a estrutura dos xigantes e dotar a todos os cabezudos dunha caixa que vai servir para expoñelos, conservalos e transportados cando sexa necesario. Segundo Daniel García, concelleiro de dinamización “buscouse facer unha restauración coidadosa co pasado e pensando no futuro das pezas, valorando o esforzo que fixeron hai 25 anos veciñas e veciños do concello na súa elaboración”.

Nos vindeiros meses faranse actividades relacionadas coa posta en valor destes bens culturais que buscarán achegalos á poboación, cativos e adultos. “Notamos que gran parte da veciñanza descoñece que existen xigantes e cabezudos neste concello e é preciso dotalos dun espazo e de actividades nas que estean presentes”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here