InicioOrientalBarreirosO Concello de Barreiros anuncia o pagamento de facturas a provedores dentro...

O Concello de Barreiros anuncia o pagamento de facturas a provedores dentro do prazo que marca a lei

Segundo a alcaldía os ingresos correntes obtidos no 2021 foron suficientes para financiar as obrigas dese exercicio.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros vén de aprobar a liquidación do orzamento do 2021, na que se constata o cambio de xestión económica que se produciu desde a chegada do novo goberno municipal a mediados do 2019.

A alcaldesa, encargada de aprobar por resolución documento económico elaborado polos servizos municipais do que dará conta no vindeiro pleno, explica que “o máis importante que se visibiliza nesta liquidación do orzamento do ano pasado é que, por primeira vez desde que existe constancia do dato a partir do ano 2013, as empresas e persoas autónomas que traballan para o concello cobran nos prazos establecidos pola normativa.”

A lei establece que os provedores deben cobrar nun máximo de 30 días desde a presentación das facturas e o Concello de Barreiros sitúase nunha media anual de 27 días. “O dato non é menor, porque non só amosa o control económico que se realiza, senón que dá seguridade ás empresas e persoas autónomas que operan con este Concello e permite certa tranquilidade, especialmente en épocas tan complexas como as que se están a vivir”, explica Ana Ermida.

A alcaldesa manifesta a satisfacción polo resultado acadado, porque “pese a todas as dificultades coas que nos atopamos e ao estrito control que require, demóstrase que é posible facer unha boa xestión dos cartos públicos e que iso redunde no beneficio xeral.”

Ademais, a liquidación tamén amosa outro dato relevante, a obtención dun resultado orzamentario axustado positivo, que non se producía neste Concello desde o ano 2017. Este dato supón que os ingresos correntes obtidos no 2021 foron suficientes para financiar as obrigas dese exercicio.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...