InicioOrientalBarreirosO alumnado do CEIP San Cosme de Barreiros reciben obradoiros de primeiros...

O alumnado do CEIP San Cosme de Barreiros reciben obradoiros de primeiros auxilios

A seguinte charla será este mércores de de maio e estará dirixida aos alumnos de 3º a 6º de Primaria do CEIP.

Publicada o

- Advertisement -

Os estudantes do CEIP San Cosme de Barreiros reciben estes días charlas de primeiros auxilios impartidas pola doutora, Carmen Pernas, facultativa do Centro de Saúde de Mondoñedo.

Os alumnos de Infantil, 1º e 2º de Primaria aprenderon este luns como actuar ante unha emerxencia. Dende a colocación dunha persoa que puidese estar a sufrir un infarto, ata como comunicar o suceso ao 112, e realizar eles mesmos as primeiras manobras de reanimación cadiopulmonar.

Todos atenderon a charla e explicacións prácticas con moita atención e trasladaron numerosas preguntas e inquietudes á doutora.

A seguinte charla será este mércores de de maio e estará dirixida aos alumnos de 3º a 6º de Primaria do CEIP.

A actividade está organizada pola Asociación de Pais e a comunidade educativa do Centro, grazas á inestimable colaboración de Doutora Carmen Pernas. A ela queren agradecer a súa amabilidade e dispoñibilidade para transmitir unha información tan vital.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...