A illa Pancha e a praia de Areolonga reciben bandeiras negras por contaminación e mala xestión ambiental

A entidade ecoloxista sitúa estes dous puntos da provincia de Lugo no seu informe Bandeiras Negras 2022 Galiza.

Praia de Arealonga, en Barreiros. AXM

Un ano máis, tras unha análise do litoral galego, Ecoloxistas en Acción presentou o informe Bandeiras Negras 2022 Galiza. Trátase dun estudo que recompila as 6 bandeiras que a organización ecoloxista outorga a puntos concretos do litoral español para denunciar por cada provincia un caso de contaminación e outro de mala xestión ambiental.

Na provincia de Pontevedra, a Bandeira Negra por mala xestión recaeu sobre o goberno do concello de Vigo pola xestión ecoloxicamente pouco respectuosa das praias no municipio. “A limpeza mecanizada das praias de forma exhaustiva, sen aplicar criterios xeomorfológicos e ambientais de xestión. realizada sistematicamente polo  Concello de Vigo non só reduce a biodiversidade costeira, tamén altera os perfís de praia e provoca unha perda de sedimentos”, denuncia a entidade ecoloxista nun comunicado.
En todo caso, puntualiza que, aínda que a bandeira negra outórgase ao concello de Vigo, poderíase facer extensiva a todo o litoral pontevedrés. Por iso, Ecoloxistas en Acción realizou un Manual para a limpeza ecolóxica de praias que foi entregado a todos os concellos costeiros da provincia.

A outra bandeira asignada a provincia de Pontevedra, a Bandeira Negra por contaminación, otorgouse ao Estuario da Foz, no concello de Nigrán. Esta zona produtora de moluscos e lugar de importancia comunitaria no marco da Rede Natura 2000 atópase gravemente degradada debido á contaminación achegada polo río Miñor, con cargas fecais superiores ás normativas permitidas causadas por unha estación depuradora (EDAR) deficiente e verteduras incontrolados ao longo do río.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here