InicioOrientalBarreirosRemate da peregrinación de Camiñantes e Camiños a través do Camiño Inglés...

Remate da peregrinación de Camiñantes e Camiños a través do Camiño Inglés a Compostela

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, contou que “cincuenta e dous veciños da Mariña, a maioría do concello de Barreiros, pero tamén de Foz, Ribadeo e Trabada rematamos a peregrinación a Santiago de Compostela".

Publicada o

- Advertisement -

A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, rematou a súa peregrinación a Santiago por etapas semanais a través do Camiño Inglés. O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, contou que “cincuenta e dous veciños da Mariña, a maioría do concello de Barreiros, pero tamén de Foz, Ribadeo e Trabada rematamos a peregrinación a Santiago de Compostela. Neste 2022 realizamos o Camiño Inglés a pe dende Ferrol, 113 quilómetros divididos en sete etapas de 17 quilómetros cada unha”.

Gómez Puente subliñou que “foron etapas moi intensas e como mariñáns, o mar danos vida, e durante as primeiras etapas: Ferrol, Neda, Pontedeume, Betanzos… fomos a carón do mar cargando as pilas polo que pasamos de facer os 17 quilómetros previstos nestas tres primeiras etapas a facer 20 das tres seguintes para así realizar a última con tranquilidade e poder asistir á misa do peregrino na Catedral de Santiago de Compostela”.

O presidente da asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños, de Barreiros, engadiu que “foron varias as motivacións para realizar o Camiño de Santiago: relixiosa, espiritual, turística ou deportiva, mais sempre tivemos un ambiente de solidariedade, compañeirismo e de recordo ao noso veciño Emilio Piñeiroa Lozano”.

Aos peregrinos aínda lles quedaron folgos para volver saír este sábado, 18 de xuño: “este sábado imos realizar un tramo do Camiño Norte de Santiago ao seu paso polo concello de Barreiros. Será un recorrido á inversa, dende a igrexa de San Xusto á igrexa de Vilamartín Pequeno, por que hai festa alí na honra a San Xoán Degolado. Espero volver a velos todos pronto. E desexo moita saúde a sorte a tódolos veciños e veciñas da Mariña”, indicou José Manuel Gómez Puente.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...