A praza do Concello de Barreiros acolle a mostra “Unha Nación, Unha Selección” coa colaboración da Deputación de Lugo

A exposición consta de 30 paneis a xeito de testemuña fotográfica que abarcan desde as primeiras manifestacións deportivas en Galicia a comezos do século XX ata os nosos días, onde se recollen os éxitos deportivos das nosas deportistas a nivel internacional e olímpico.


Na mañá de hoxe inaugurouse a exposición “Unha nación, unha selección” organizada pola plataforma social Vía Galega e que conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación. A través da mesma perséguese o obxectivo de facer efectivo o dereito a formar seleccións galegas en todos os deportes para competir a todos os niveis, galeguizar o deporte e impulsar a igualdade de xénero.

A exposición consta de 30 paneis a xeito de testemuña fotográfica que abarcan desde as primeiras manifestacións deportivas en Galicia a comezos do século XX ata os nosos días, onde se recollen os éxitos deportivos das nosas deportistas a nivel internacional e olímpico. Percorreu xa os concellos de Viveiro, Foz e Ribadeo e estará tamén no Valadouro.

Asistiron á presentación a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; o representante de Vía Galega Anxo Martínez, a Deputada de Mocidade, Mónica Freire Rancaño; o concelleiro de Dinamización Social, Daniel García, e membros do equipo de goberno e representantes de clubes.

Proposición non de Lei de Iniciativa Popular polo dereito de Galiza a poder competir coas súas seleccións deportivas. Desde Vía Galega levan adiante tamén unha recollida de sinaturas para avalar unha Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular polo dereito de Galiza a poder competir oficial e internacionalmente coas súas seleccións deportivas, porque Galiza é unha potencia deportiva que brilla con luz propia, sendo referente mundial en moitos deportes e conta con deportistas e medallistas olímpicos e olímpicas, campións e campioas europeas a nivel mundial.0

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here