InicioMovementos SociaisCarreira reivindicativa en Ribadeo contra o feminicidio de Laura Luelmo

Carreira reivindicativa en Ribadeo contra o feminicidio de Laura Luelmo

Durante o acto demandaranse políticas que promovan a igualdade real entre mulleres e homes

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo acollerá o domingo unha mobilización en resposta ao feminicidio de Laura Luelmo, a mestra de Zamora asasinada en Huelva.

O Observatorio da Mariña pola Igualdade, o Club de Atletismo de Ribadeo, o Concello e o Centro de Información á Muller (CIM) promoven este acto reivindicativo que terá como lema  “De camiño á casa quero ser libre, non valente”.

A convocatoria fai un chamamento a reunirse para camiñar e correr polas rúas da vila. O percorrido pasará pola Avenida de Galicia, a Avenida de Asturias ata a rotonda do barco, a rúa Vilalba e a rúa San Roque.

IMPLICACIÓN

“As mulleres non queremos ser valentes, queremos ser libres en igualdade de condicións”, indica a convocatoria.

“Esiximos a implicación de todas as forzas políticas e das administraciones públicas para garantir a nosa seguridade e formular políticas que promovan a igualdade real”, sinalan desde o Observatorio da Mariña.

A mobilización comezará ás 11.00 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...