Músicos de Ribadeo darán un concerto a prol dun neno cunha enfermidade rara

Os organizadores convidan a achegarse o sábado pola rúa San Francisco a desfrutar do rock e colaborar con Darius Dumitrescu, de oito anos e que padece atrofia muscular espiñal

Cartel do evento. AXM

Varios músicos de Ribadeo organizan o vindeiro sábado, 5 de xaneiro, un concerto solidario para apoiar a Darius Dumitrescu, un neno de oito anos que estuda no Ceip Gregorio Sanz e que padece atrofia muscular espiñal.

A súa enfermidade, das denominadas raras, require de fármacos e fisioterapia, que a súa familia non pode custear.

Así, cinco músicos ribadenses ofrecerán unha actuación o sábado, desde as 13.00 horas na rúa San Francisco.

Os organizadores da iniciativa convidan a todas aquelas persoas que queiran desfrutar do rock a acercarse ao concerto e a achegar os fondos que podan para axudar ao pícaro e a súa familia.

CONTA BANCARIA

Os pais de Darius abriron unha conta bancaria para quenes queiran colaborar coa causa. É a ES34-0049-1266-0121-9026-2086 do Banco de Santander.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here