Ribadeo e Viveiro, entre os 15 clubs náuticos e mariñas que amplían a concesión a 50 anos

Portos de Galicia cre que a ampliación será "un aval para a realización de investimentos"

Vista aérea de Viveiro. AXM

EFE. O Club Náutico de Ribadeo e e Marina Viveiro son dúas das máis de 30 entidades que se beneficiaron da primeira Lei de portos de Galicia, aprobada no pasado mes de xuño, e aproveitaron a ampliación do prazos de concesión de 35 a 50 anos.

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, felicitouse pola “boa acollida” dunha nova normativa que os axentes portuarios entenden, resalta, como “un reforzo á seguridade dos clubs náuticos e das empresas portuarias”.

O responsable do ente público explicou que no tocante ao sector náutico, un total de 15 clubes e mariñas tramitaron esta ampliación.

Foron, ademais dos dous mariñaos, o Club Náutico Ría de Ares, Club Náutico Sada, Porto Deportivo de Sada, Real Club Náutico Portosín, Club Náutico Illa da Toxa, Club Náutico Portonovo, Real Club Náutico de Sanxenxo, Nauta Sanxenxo, Combarromar, Club Naval Pontevedra e Porto Deportivo Baiona.

MEDIDA “NOVIDOSA”

Segundo expón Durán, a ampliación da concesión é unha medida novidosa” a nivel estatal, e é valorada polo sector “como un aval para a realización de fortes investimentos nos peiraos de titularidade autonómica que xestiona Portos de Galicia”.

Neste senso, Durán remarcou que con esta medida “contribúese ao respaldo á actividade náutica que desenvolven en Galicia os axentes privados e que está a repercutir de xeito destacado na actividade económica dos peiraos deportivos e das súas contornas”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here