IniciosociedadeO avogado do ex cura de Ribadeo e Trabada: "nin unha soa...

O avogado do ex cura de Ribadeo e Trabada: “nin unha soa persoa acreditou que se apoderara dun ben”

O acusado pediu disculpas ao Tribunal polo seu tono, aínda que nega que fose por utilizar expresións como "subnormais" para referirse aos sacristáns: "dixen todo o que tiña que dicir"

Publicada o

- Advertisement -

Este xoves retomouse na Audiencia Provincial de Lugo o xuízo a José Emilio Silvaje pola suposta apropiación indebida de pezas e tallas das igrexas dos municipios de Ribadeo e Trabada, nos que o acusado exerceu como cura entre 2008 e 2012. Nesta segunda xornada declararán as testemuñas da defensa.

O avogado de Silvaje asegurou que ao longo da primeira xornada do xuízo “nin unha soa persoa acreditou que José Emilio se apoderara de ningún tipo de ben”. Segundo o letrado, “o único que quedou claro é que existía unha falta de control absoluto nos bens que existen nas parroquias, incluso antes de chegar el. Non había inventario”, afirmou.

A defensa reiterou que Silvaje “levou unha serie de bens en mal estado a limpar e restaurar e iso foi o que provocou que a xente se alterara, porque estaban ausentes esas pezas, pero despois foron devoltos pouco a pouco”.

Falamos de parroquias rurais, nas que as capelas e igrexas tiñan varias chaves que ostentaban tamén os veciños. Facíanse obras sen ningún tipo de control, cometéronse irregularidades. A protección e a tutela do patrimonio relixioso non eran como deberan. Calquera persoa pedindo unha chave podía acceder ao interior dos templos”, remarcou.

FRASES “NON AFORTUNADAS” E “OFENSIVAS”

Sobre as expresións utilizadas por Silvaje para referirse aos sacristáns, como “subnormais”, o letrado xustificou a actitude do seu defendido. “Pode que algunhas expresións non fosen afortunadas e resultasen ofensivas, pero hai que entender os nervios dun procedemento deste tipo”, argumentou, para engadir que Silvaje “pediu desculpas ao final do xuízo ao Tribunal e á fiscal”.

Pola súa banda, o ex párroco afirmou que “non acusei ao Bispado de nada, porque é unha cousa moi grande, que abrangue a moitas persoas e moitas parroquias”, e sostivo que non se desculpou ante o xuíz “por expresións”, porque dixo, sostivo, “todo o que tiña que dicir”.

O ex párroco de Ribadeo e Trabada insistiu na idea de que “non hai ningunha proba” na súa contra, “senón máis ben todo o contrario”. 

A FISCAL PIDE CATRO ANOS E MEDIO

A fiscal pide para Silvaje catro anos e medio de cárcere por “apoderarse” de tallas, mobles e elementos relixiosos “con ánimo de enriquecemento ilícito“, por valor de 25.000 euros nas trece fegresías nas que exerceu nos municipios de Ribadeo e Trabada.

A defensa solicita a libre absolución, porque asegura que só colleu esas pezas “para restauralas e limpalas” e sinala que posteriormente “devolveunas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...