InicioPolíticaSuárez Barcia encara o cuarto mandato cun equipo renovado e reducido, con...

Suárez Barcia encara o cuarto mandato cun equipo renovado e reducido, con dúas liberacións

Mari Luz Álvarez e Jorge Díaz repiten nun executivo local que estará estruturado en seis concellerías, dúas menos ca no anterior mandato

Publicada o

- Advertisement -

Ribadeo celebrará o vindeiro xoves o pleno de organización no que se establecerán a estrutura do goberno municipal e máis as dedicacións. O alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, encara a cuarta lexislatura cun equipo renovado con respecto á pasada lexislatura no que só repiten Mari Luz Álvarez Lastra e Jorge Díaz Freije.

A concelleira de Igualdade e Educación manterá as áreas que xestionou nos últimos doce anos e asumirá tamén as competencias de Mocidade, ademais da primeira tenencia de alcaldía. O edil de Limpeza Viaria e Xestión de Residuos incrementa tamén as súas responsabilidades con Medio Ambiente e Deportes.

Pablo Vizoso Graña, segundo tenente de alcalde, xestionará Economía, Desenvolvemento Local e Turismo, as dúas últimas ata agora en mans de Ana Martínez, impulsora de iniciativas como o Ribadeo Indiano ou, no último ano, a campaña das panchas.

Mónica Freire Rancaño, terceira tenente de alcalde, levará Servizos Sociais e Obras, Jesús Mundiña Acebo encargarase de Medio Rural e María del Pilar Otero Cabarcos, cuarta tenente de alcalde, asumirá Consumo e Cultura.

Suárez Barcia explicou que a reestruturación “incrementa as responsabilidades de quen estiveron no anterior goberno” e que o resto das áreas se repartiron “atendendo á formación e á experiencia profesional” das persoas que entran no executivo.

DÚAS DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS

O rexedor, que mantén as competencias de Policía e Urbanismo, e Jorge Díaz Freije terán as dúas dedicacións exclusivas que se aprobarán no pleno fronte as dúas exclusivas e a parcial da pasada lexislatura.

Suárez Barcia percibirá “un líquido de 2.390 euros ao mes, por 14 pagas, e o concelleiro delegado de Medio Ambiente e de Deportes cobrará outras 14 pagas de 1.739 euros líquidos“, as “mesmas retribucións” do último mandato.

Ao referirse ás dedicacións, Suárez Barcia abriu a porta a que “a constitución da Deputación de Lugo” supuxera algunha “liberación máis de membros do goberno”.

ASISTENCIA A PLENOS E ÓRGANOS COLEXIADOS

A sesión organizativa deste xoves tamén fixará as indemnizacións por asistencia a plenos. A alcaldía proporá que os edís reciban 50 euros, o mesmo que pola asistencia ás xuntas de goberno.

A comparencia en comisións informativas, xuntas de voceiros e outros órganos colexiados locais indemnnizaranse con 30 euros. Se se convocan no mesmo día, só percibirán un pagamento.

ASIGNACIÓN A GRUPOS MUNICIPAIS

A proposta da alcaldía en canto ás achegas aos grupos da corporación será de 400 euros  anuais por cada formación mais 300 euros, tamén anuais, por edil.

PERIODICIDADE DOS PLENOS

Segundo a proposta do Concello, os plenos ordinarios celebraranse cada dous meses, coincidindo co segundo luns de cada mes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...