IniciosociedadeRibadeo abre un programa para que os maiores non cenen sós en...

Ribadeo abre un programa para que os maiores non cenen sós en Noiteboa e Noitevella

As persoas con máis de 65 anos poderán pasar as datas cos usuarios da residencia

Publicada o

- Advertisement -

A Concellaría de Servizos Sociais de Ribadeo puxo en marcha un novo programa para aquelas persoas, maiores de 65 anos, que vivan soas e que non teñan familia coa que pasar as ceas de Noiteboa e Fin de Ano. A través desta iniciativa esas persoas poderán compartir esas datas cos residentes do Centro de Atención a Persoas Maiores, a nova residencia. Os interesados poden anotarse antes das 14.00 horas do vindeiro xoves, 19 de decembro, nos servizos sociais municipais.

A concelleira responsable, Mónica Freire Rancaño, comentou que “desde a Área de Servizos Sociais Municipais queremos poñer en marcha un novo programa dirixido a aquelas persoas maiores de 65 anos que vivan soas e que non teñan familia coa que estar nas ceas de Noiteboa e Noitevella”.

A edil de Servizos Sociais engadiu que “todos os interesados que queiran participar nestas dúas comidas deberán poñerse en contacto cos Servizos Sociais Municipais antes das dúas da tarde do día 19 de decembro, xoves, ou a través do teléfono 982.12.08.08”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...