O Ribadeo FC reivindica o tren para desprazarse ao derbi de Viveiro

Directivos, xogadores e seareiros animan a viaxar en tranvía o domingo á Cidade do Landro

Cartel da iniciativa. AXM

O Ribadeo FC reivindicará de novo este domingo o tren de cercanías da Mariña cunha viaxe en tranvía ao derbi de Viveiro.

Os dous equipos mariñaos da Preferente Autonómica de fútbol enfrontaranse ás 16.15 horas no campo de Cantarrana.

Directivos, xogadores, corpo técnico e seareiros da entidade ribadense desprazaranse no tren á Cidade do Landro para promocionar un servizo con potencial pero que está a esmorecer, como denuncia a Plataforma Pola Defensa do Ferrocarril Ferrol-Ribadeo.

SAÍDA

Segundo os horarios previstos, o tren partirá ás 11.30 horas desde a estación de Ribadeo cara Viveiro.

O club ribadense anima a todos aqueles que desexen asistir ao ‘O Noso Derbi‘ a respaldar o acto reivindicativo de ‘O Noso Tren‘, unha iniciativa que xa celebrou na pasada campaña.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here