InicioOrientalRibadeoRibadeo aproba un novo plan urbanístico para "manter a identidade da vila"...

Ribadeo aproba un novo plan urbanístico para “manter a identidade da vila” protexendo o patrimonio

O Concello aproba o Plan Especial de Protección e Rehabilitación do Conxunto Histórico de Ribadeo (PEPRICH).

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, subliñou que Ribadeo será un dos concellos do país en ter todos os instrumentos urbanísticos creados e adaptados á legalidade vixente, en alusión ao PXOM, ao Plan Especial das Catedrais e ao propio PEPRICH.

O concello celebrou este martes unhacomisión informativa para informar sobre o Plan Especial de Protección e Rehabilitación do Conxunto Histórico de Ribadeo (PEPRICH). O obxectivo deste plan é mellorar a imaxe do conxunto histórico ribadense, preservando os valores existentes.

“Finalizamos agora un longo e complexo traballo para a aprobación do PEPRICH… Facíase polo tanto imprescindible dar un paso firme, un paso ambicioso, para protexer, consolidar e impulsar o casco histórico”, indicou Suárez que apuntou que a aprobación chega despois dunha dilatada tramitación, que se iniciou arredor do ano 2010.

Na aprobación do PEPRICH interviñeron organismos tanto a Xunta como o Estado, tales como Urbanismo, Costas, Telecomunicacións, Patrimonio, Facenda, Ordenación do Territorio. Tamén houbo que atender as alegacións dos veciños. O actual documento propón a recuperación integral do ámbito, a protección dos valores ambientais e paisaxísticos do borde ao litoral e tamén a integración do espazo portuario no ámbito do conxunto histórico.

MANTER A IDENTIDADE DA VILA

Polo tanto, a ordenación establecida garante a conservación e fortalece a identidade da vila, pero aposta tamén pola rehabilitación e preservación dos valores naturais e mantén a convivencia dos usos existentes no ámbito. Ademais incrementa as reservas de solo para dotacións locais en 1.500 metros cadrados de equipamentos, 4.700 metros cadrados de espazos libres e zonas verdes e un total de 166 prazas de aparcamento novas”.

Fernando Suárez subliñou que o obxectivo é “revitalizar o conxunto histórico desde o respecto e o coidado polas pegadas que o paso do tempo deixou tanto no burgo medieval como na atalaia como en cada recuncho do ámbito”.

Deste xeito, Ribadeo conta cun Plan Xeral de Ordenación do 2014, tamén cun Plan Especial da contorna das Catedrais do ano 2020 e agora contará cun Plan Especial do Conxunto Histórico do ano 2021, sendo un dos poucos concellos do país en ter todos os seus instrumentos urbanísticos creados e adaptados á legalidade vixente.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...