InicioOrientalRibadeoProtestas en Ribadeo contra a LOMLOE: "É á morte anunciada dunha FP...

Protestas en Ribadeo contra a LOMLOE: “É á morte anunciada dunha FP de calidade”

Profesorado e alumnado do CIFP Porta da Auga concentrase para denunciar que esta lei extingue o corpo de profesorado técnico da FP.

Publicada o

- Advertisement -

Profesorado e alumnado do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, concentráronse este xoves na entrada do centro e gardaron un minuto de silencio para protestar contra a nova lei educativa do Goberno estatal, a LOMLOE. Denuncian que se extingue o corpo de profesorado técnico da FP e iso “terá graves consecuencias para o futuro da Formación Profesional”.

O director do CIFP Porta da Auga, Isidro Berdeal, explicou que esta mobilización, baixo o lema ‘De costas á LOMLOE’, fixérona porque a nova lei de educación, na súa disposición adicional undécima, extingue o corpo de profesorado técnico de Formación Profesional (PTFP) en especialidades como servizos de restauración, cociña e pastelería, estética, perruquería, soldadura ou fabricación e instalación de carpintería e moble se non teñen titulación universitaria. Tamén os docentes de mantemento de vehículos, mecanizado e mantemento de máquinas, patronaxe e confección, produción en artes gráficas e incluso outras como edificación e obra civil.

“Temos un caso precisamente aquí, no Porta da Auga, dun compañeiro que leva 19 anos impartindo docencia, pero non ten esa titulación universitaria que agora requiren para poder seguir exercendo, a pesar de que é un profesional sobradamente cualificado que, por ser especialista, cumpre perfectamente os requisitos da docencia nos módulos profesionais que se imparten no ciclo que estamos ofrecendo no Porta da Auga”, denunciou Berdeal.

Por iso, insisitiu profesorado técnico de FP segue sendo imprescindible para unha Formación Profesional de calidade porque, dixo, o que pretenden implantar coa LOMLOE “é que simplemente polo feito de ter un título universitario, sen desmerecer para nada esas titulacións, poida impartirse docencia en especialidades que son eminentemente prácticas e técnicas”.

Ademais, criticou que o ministerio non está atendendo as suxestións das distintas comunidades autónomas, das consellerías de Educación, para corrixir isto. “Aprobou a LOMLOE de costas ao que se lle estaba dicindo e están a desenvolver unha lei orgánica de Formación Profesional e seguen sen atender as suxestións que se fan desde as comunidades autónomas”, apuntou ao tempo que alertou que se non cambia a lei “é unha morte anunciada dunha Formación Profesional de calidade”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...